InicioSociedadeReclaman o segundo equipo de urxencias para o PAC da Guarda

Reclaman o segundo equipo de urxencias para o PAC da Guarda

Así o trasladan plataformas en defensa da Sanidade Pública nun comunicado de prensa, no que lembran que o sucedido no mes de maio no centro de saúde do Rosal "pon de manifesto a necesidade de atender estas reivindicacións, requiridas desde hai moito tempo" por veciños deses concellos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As plataformas en defensa da sanidade pública da Guarda, O Rosal e Oia reclaman á Xunta de Galicia o segundo equipo completo de urxencias para o Punto de Atención Continuada da Guarda, así como unha ambulancia medicalizada para O Baixo-Miño e aumentar as ambulancias asistencias.

Así o trasladan nun comunicado de prensa, no que lembran que o sucedido no mes de maio no centro de saúde do Rosal “pon de manifesto a necesidade de atender estas reivindicacións, requiridas desde hai moito tempo” por veciños deses concellos.

Respecto diso, as plataformas manifestan que “de non haber movementos claros por parte da Xunta de Galicia para avanzar na solución deste problema”, volverán chamar aos veciños “a mobilizarse” e lembran que o hospital máis próximo “está a unha hora e moitos dos fogares dos usuarios a máis de media hora da PAC da Guarda”.

“A presión exercida nas rúas obrigou as autoridades da Xunta de Galicia a incrementar a dotación do persoal no Centro de Saúde da Guarda. No momento actual temos seis médicos do oito que nos corresponden. Lembremos que houbo moitos momentos que tivemos tres”, comentaron.

En Oia indican que teñen dúas médicas cando durante varios meses contaron cunha soa “e houbo momentos en que non houbo ningún”, inciden. E no Rosal aseguran que “persiste a situación inadmisible dunha soa médica atendendo a todo o concello”.

“Somos plenamente conscientes que imos ter que seguir mantendo a presión para que a Xunta aumente as partidas para a sanidade pública, nomeadamente para a Atención Primaria e ímonos a manter vixiantes ante o previsible deterioración que se poda producir este verán”, avisan.

ÚLTIMAS

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...