InicioEconomíaO Goberno dá un paso máis para instalar pantallas acústicas na AP-9...

O Goberno dá un paso máis para instalar pantallas acústicas na AP-9 en Vigo e O Morrazo

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ven de aprobar o documento de información pública do proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou o documento de información pública do proxecto de instalación de pantallas acústicas na autoestrada AP-9, no tramo situado entre as ligazóns da comarca do Morrazo e o barrio vigués de Teis.

Tal como informou o Goberno nun comunicado, tras esta aprobación continúase coa redacción do proxecto de construción, onde se define dita actuación co grao de detalle necesario para facer factible a súa construción e explotación.

“O obxecto da actuación, cun orzamento base de licitación estimado de 7 millóns de euros, é a mellora da calidade acústica en áreas moi poboadas da contorna deste tramo de autoestrada, afectadas as obras de ampliación a terceiro carril, en particular sobre a poboación de Chapela”, engadiu o Executivo.

Por iso, realizouse un estudo acústico no que se analizan as fontes de ruído e as edificacións afectadas, propondo medidas correctoras. Estas consisten na instalación de 26 pantallas acústicas de ata seis metros, repartidas ao longo do ámbito de actuación. En total, está prevista a colocación de case 3 quilómetros lineais, que serán de metacrilato.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...