InicioSociedadeMenos casos covid e menos hospitalizados pola Covid en Vigo nas últimas...

Menos casos covid e menos hospitalizados pola Covid en Vigo nas últimas 24 horas

Ha 2.119 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As persoas hospitalizadas pola Covid-19 volven superar os 500 en Galicia ao aumentar a 517, que implican 20 máis que no inicio desta semana, mentres que os casos activos descenden por segunda xornada consecutiva ata os 10.420, que supoñen 86 menos, tras detectarse 919 novos contaxios. En canto á taxa de positividade, descende a un 32,6 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 15 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –un máis– e a 502 os hospitalizados noutras unidades –19 máis–, mentres que 9.903 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o martes 14 de xuño, había 430 ingresados, 15 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Vigo, onde continúan tres en críticos e baixan a 95 os hospitalizados noutras unidades –tres menos–.

CASOS EN DESCENSO

Por segunda xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 descenden ata situarse nos 10.420, que implican 86 menos, ao haber máis altas (1.001) que contaxios (919), ao que se suman catro falecementos. O martes 14 de xuño había 8.976 infeccións activas.

Por áreas, os casos descenden en tres das sete: A Coruña e Cee (-169), Pontevedra e O Salnés (-22) e Vigo (-12) que queda con 2.119 casos activos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...