InicioMedio Ambiente e PatrimonioComezan unha intervención no Castelo do Faro, con estructuras na súa muralla...

Comezan unha intervención no Castelo do Faro, con estructuras na súa muralla sen paralelos coñecidos

O xacemento está afectado por un parque eólico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Arqueólogos do colectivo romanarmy.eu desenvolven, desde este luns, unha campaña de prospección arqueolóxica no xacemento arqueolóxico a maior altura da provincia de Pontevedra, o Castelo do Faro, en Covelo.

Localizado a 1.148 metros de altitude nas proximidades do Faro de Avión, os investigadores prospectarán a gran fortificación con distintas técnicas (incluíndo a xeofísica) e estudarán en detalle as súas estruturas mediante sondaxes arqueolóxicas. A campaña de intervención arqueolóxica está promovida polo Concello de Covelo cunha subvención para actuacións arqueolóxicas da Deputación de Pontevedra.

O seu director científico é o profesor da Universidade de Salamanca e arqueólogo José Manuel Costa García, comandando un equipo no que participa João Fonte, arqueólogo da Universidade de Exeter (Reino Unido), Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos) e o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación Manuel Gago (Universidade de Santiago de Compostela). A campaña durará ata o venres 17 de xuño.

O recinto foi descuberto polo colectivo romanarmy.eu con técnicas de teledetección e comunicada a súa existencia á Dirección Xeral Patrimonio da Xunta de Galicia en 2020. O xacemento ten unha planta de tendencia ovalada, conformada por unha muralla construída con pedra granítica local ocupando unha área de ao redor do cinco hectáreas.

A muralla adáptase á topografía local, ciñendo un amplo perímetro interior que non parece corresponderse co parcelario agrario da zona. Un aspecto particular da muralla é a existencia dunhas singulares estruturas cuadrangulares encostadas ao muro, de función descoñecida e sen paralelos coñecidos noutros recintos fortificados.

O grupo de investigación explica que, posto que non foi identificado como estrutura arqueolóxica ata o momento, o Castelo do Faro atópase considerablemente afectado por un parque eólico, que “destruíu partes significativas do int

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...