InicioSociedadeImportantes atrasos no tren Vigo-A Coruña por mor dunha avaría no...

Importantes atrasos no tren Vigo-A Coruña por mor dunha avaría no control de tráfico

Algúns viaxeiros expresaron as súas queixas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Algúns dos trens rexionais que circulan pola liña A Coruña-Vigo rexistraron atrasos de ao redor de media hora este sábado por unha avaría na infraestrutura á altura de Padrón. Segundo confirmaron fontes de Renfe, o problema técnico —unha avaría no control de tráfico centralizado— depende de Adif (o administrador de infraestruturas) e non do operador.

Con todo, moitos dos viaxeiros afectados non dubidaron en mostrar o seu descontento cos atrasos e en trasladar aos membros da tripulación os inconvenientes que estes lles provocaron. “O tren tiña que chegar a Pontevedra ás 11,10 e chegou ás 11,40 horas. Tiña un compromiso laboral”, queixouse un dos pasaxeiros.

E é que, por exemplo, o tren que sae da cidade herculina ás 9,30 horas e que debería chegar a Vigo ás 11,40 horas, fíxoo finalmente ás 12,15 horas. Poucas horas máis tarde, o das 12,40 (tamén A Coruña-Vigo) rexistrou unha demora dunha hora. En sentido contrario a situación foi similar: atrasos de entre 20 e 50 minutos.

Ante esta situación, o tren que saía ás 12,30 da cidade olívica foi desviado pola liña de alta velocidade, que non se viu afectada os problemas na infraestrutura da denominada liña convencional.

Cabe lembrar que os usuarios poden reclamar na páxina web do Renfe o importe do seu billete cando se producen atrasos. Concretamente, se o atraso supera os 30 minutos, corresponde unha devolución do 25%; se é de 45 minutos, do 50%; e se é de 60 minutos, do 100%.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...