InicioSociedadeA área de Vigo ten só 1.585 contaxiados

A área de Vigo ten só 1.585 contaxiados

Aumentan os hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia volven descender ata os 482, que supoñen catro menos que no inicio desta semana, así como os casos activos, que caen a 8.508, o que implica 339 menos, tras rexistrarse 739 novos contaxios –uns 280 máis que o día anterior–. Polo seu lado, a taxa de positividade baixa a un 27,5 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, descenden a 26 os pacientes en UCI pola Covid en Galicia –uno menos– e a 456 os hospitalizados noutras unidades –tres menos–, mentres que 8.026 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o martes 24 de maio, había 602 ingresados, deles 28 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete: Ourense, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés; mentres que aumenta nas outras catro: A Coruña-Cee, Vigo, Lugo e Ferrol. Así na de Vigo segue un en críticos e ascenden a 65 os doutras unidades –cinco máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos continúan en descenso no conxunto de Galicia e sitúanse en 8.508, que implican 339 menos que o día anterior, ao haber máis altas (1.077) que contaxios (739), ao que se engade un falecemento.  O descenso é xeneralizado en seis das sete áreas sanitarias, coa de Santiago e Barbanza á cabeza (-115), seguida da da Coruña e Cee (-66), Pontevedra e O Salnés (-46) e Vigo (-45), que queda con 1.585 contaxiados.

ÚLTIMAS

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...

SPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta de chips fotónicos en Valladares

SPARC Foundry asinou este luns o acordo cos seus principais investidores (Indra GRoup, Sociedade Española...

Comité e Stellantis inician a negociación para o pago da prima variable cun novo marco regulador

Os sindicatos e a dirección de Stellantis Vigo iniciaron as negociacións para buscar unha alternativa á...