InicioSociedadeA Cidade da Xustiza de Vigo ultima as probas de instalacións para...

A Cidade da Xustiza de Vigo ultima as probas de instalacións para iniciar o traslado tras o verán

O ritmo previsto é trasladar dous xulgados por semana, co que a nova Cidade da Xustiza non estará operativa ata avanzado o ano 2023.

PUBLICADO O

O equipo técnico ultima as probas de instalacións e a documentación que debe presentar ao Concello de Vigo para obter licenza de primeira ocupación e iniciar o traslado dos xulgados á nova Cidade da Xustiza, un traslado que podería comezar cara ao mes de setembro, segundo apuntou o propio arquitecto encargado da reforma do antigo Hospital Xeral, Alfonso Penela.

Este luns, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapia, e Alfonso Penela, realizaron unha visita con medios de comunicación ao edificio, e confirmaron que “a obra está terminada”, a falta de rematar algúns detalles.

A licenza de primeira ocupación xa está solicitada, aínda que resta por presentar documentación e realizar varias probas de instalacións.

Marta Fernández-Tapias sinalou que, en canto se dispoña desa autorización, comezará o traslado dos xulgados, empezando por aqueles que teñen menor atención ao público (o contencioso administrativo e o mercantil), “uníndoos cos que comparten salas de vistas”.

Así, os primeiros órganos en instalarse no novo emprazamento serían os dous xulgados do contencioso administrativo, xunto a Primeira Instancia 4 e o reforzo de Primeira Instancia. A continuación, trasladaranse Social 6 e Primeira Instancia 5, o Mercantil e Penal 1.

O ritmo previsto é trasladar dous xulgados por semana, co que a nova Cidade da Xustiza non estará operativa ata avanzado o ano 2023, xa que se prevé que este dispositivo dure 28 semanas.

Respecto diso, a delegada lembrou que existe unha comisión mixta, na que participan a Xunta, o decanato dos xulgados e a Fiscalía de Área, para organizar o traslado e “o obxectivo é interrumplir o menos posible a actividade”.

DETALLES PENDENTES

Alfonso Penela incidiu en que faltan algunhas probas e a visita de técnicos municipais (que xa fixeron unha inspección previa) antes da obtención de licenza de primeira ocupación, polo que dar como inicio desa ‘mudanza’ o mes de setembro é un prazo “razoable”.

Con respecto aos detalles pendentes de rematar, o arquitecto explicou que se trata de cuestións menores, “como en calquera obra”, e recoñeceu que se produciron eventualidades que fixeron atrasarse certos aspectos.

Como exemplo, sinalou que as novas instalacións contan con cortinas antilume fabricadas en Polonia e que a guerra de Ucraína atrasou a súa chegada; agora que están instaladas, “hai que probalas”; ou os sistemas de climatización e acústica, cuxas probas deben facerse de día e de noite.

A nova Cidade da Xustiza de vigo acollerá 38 unidades xudiciais e a uns 500 traballadores, e contará, entre outros servizos, cunha escola infantil de 41 prazas. A Xunta de Galicia investiu algo uns 42 millóns de euros na reforma do antigo hospital para dotar á cidade das novas dependencias xudiciais.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...