InicioEconomíaAstilleros San Enrique anuncia o seu primeiro contrato de construción: un arrastreiro...

Astilleros San Enrique anuncia o seu primeiro contrato de construción: un arrastreiro de 35 millóns para PescaChile

Executarase ao longo de 18 meses de traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Astilleros San Enrique, antes Factorías Vulcano, anunciou este xoves a firma do seu primeiro contrato para a construción dun barco: un arrasteiro de 80 metros de eslora para a armadora PescaChile.

O estaleiro vigués confirmou a firma dese contrato, no marco da celebración da feira Navalia, para construír un buque arrastreiro por 35 millóns de euros, no proceso de renovación da frota de PescaChile.

Marina Meridional, dona de San Enrique, sinalou que o contrato en firme executarase ao longo de 18 meses de traballo, e entrará en fabricación “tras a optimización das instalacións do estaleiro en Vigo”.

“Con este contrato iniciamos os traballos de Astilleros San Enrique de nova construción naval, contando para a súa construción cunhas 200 persoas, incluídas máis de 15 subcontratas. Sentímosnos, por tanto, moi satisfeitos”, proclamaron desde a empresa.

Así mesmo, o conselleiro delegado de Marina Meridional, Juan Moreno, avanzou “moi boas expectativas”, xa que están a ultimar o peche doutros proxectos, “tanto de nova construción naval como industrial”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...