InicioEconomíaNavalia clausura a súa "mellor edición", con 20.000 visitantes

Navalia clausura a súa “mellor edición”, con 20.000 visitantes

O 60 % dos expositores que participaron este ano xa reservaron para a próxima edición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A oitava edición da feira Navalia pecha as súas portas este xoves, coas mellores cifras da súa historia, máis de 20.000 visitantes e reservas para a súa próxima edición, que se celebrará en 2024.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao vicepresidente económico, Francisco Conde, foi o encargado de clausurar esta edición, que se celebrou tras o parón pola pandemia de Covid.

A organización da feira destacou que o 60 % dos expositores que participaron este ano xa reservaron para a próxima edición, e a maioría trasladou a súa intención de aumentar os seus espazos. Así mesmo, confirmou que o ano que vén celebrarase de novo Navalia Meeting, un encontro para dar protagonismo á parte máis técnica desta industria, con xornadas e encontros internacionais.

Navalia 2022, que foi inaugurada o pasado martes coa presenza do rei Felipe VI, reuniu a máis de 430 expositores de numerosos países, e converteuse na primeira feira do sector en España e a terceira de Europa.

O presidente da Xunta destacou que “Galicia non se pode entender sen o naval, e sen a calidade dos seus estaleiros”, e lembrou que este sector supón o 3,5 % do PIB galego, cunha facturación anual de máis de 2.000 millóns de euros e 13.000 empregos directos.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...