InicioSociedadeEstancamento da covid na áera de Vigo

Estancamento da covid na áera de Vigo

Baixan os contaxios aínda que aumentan lixeiramente os ingresos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 600.032 persoas curáronse da Covid-19 ata a data desde o inicio desta pandemia o conxunto de Galicia, onde que se reducen a 562 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –40 menos que a xornada anterior– e os casos activos descenden a 9.224 –implican 349 menos–, tras detectarse outros 888 contaxios –120 máis que o día pasado–. Polo seu lado, a taxa de positividade aumenta a un 12 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, baixan a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sete menos– e a 541 as ingresadas en unidades convencionais –33 menos–, mentres que 8.662 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. O pasado mércores, 18 de maio, había 11.458 hospitalizados, 22 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, na de Vigo aumentan a catro os críticos –un máis– e descenden a 77 os de oreas unidades –cinco menos–. 

CASOS EN DESCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente desde este pasado fin de semana ata os 9.224, que implican 349 menos que os rexistrados a xornada anterior ao haber máis altas (1.234) que contaxios (888), ao que se suman tres falecementos. 

O descenso volve ser xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (-77) que queda con 1.715 contaxiados.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...