InicioSociedadeA área de Vigo ten 2.000 contaxiados con Covid

A área de Vigo ten 2.000 contaxiados con Covid

Gran descenso de pacientes na UCI, pero seguen as mortes, dous nos últimos días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia descenden a 602, que supoñen 39 menos que os rexistrados no inicio desta semana; mentres que os casos activos sitúanse en 9.573, que implican case medio milleiro menos, tras detectarse 768 contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade redúcese a un 19,26 por cento en Galicia.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, ascenden a 28 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –oito máis– e descenden a 574 as ingresadas en unidades convencionais –47 menos–, mentres que 8.971 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. O pasado martes, 17 de maio, había 695 hospitalizados, 26 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en Vigo. Rexistra o maior descenso de pacientes ingresados aínda que seguen tres pacientes Covid en UCI, pero baixan a 82 os ingresados noutras unidades –14 menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso desde o fin de semana pasado e sitúanse en 9.573. O descenso de casos é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo (-52) en último lugar que mantén 2.000 casos activos.

FALECIDOS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia ascenden a 3.480, tras notificar a Consellería de Sanidade este martes outro tres óbitos de pacientes con patoloxías previas. En concreto, Sanidade comunicou que o pasado 21 de maio morreron dous homes de 87 e 88 anos de idade na área sanitaria de Vigo e unha muller de 93 na de Ferrol.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...