InicioSociedadeMultiplicáronse por tres en 2017 as queixas presentadas ao Valedor do Pobo...

Multiplicáronse por tres en 2017 as queixas presentadas ao Valedor do Pobo en relación aos concellos

O Valedor do Pobo recibiu ao longo de 2017 máis de 3.300 queixas relacionadas con concellos galegos, o que supón unha cifra significativamente superior ás 994 do ano anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Valedor do Pobo recibiu ao longo de 2017 máis de 3.300 queixas relacionadas con concellos galegos, o que supón unha cifra significativamente superior ás 994 que rexistrou no exercicio 2016.

Así o recolle o informe feito público polo organismo, que recolle 14.622 queixas relacionadas con administracións públicas galegas ao longo de 2017.

Entre elas, seguen destacando as que afectan á Xunta de Galicia, que estaba relacionada con 10.924, o 74,71% do total (un ano antes era o 98% das queixas sobre administracións públicas).

Pola súa banda, os concellos pasaron de ser o 1,5% do total das queixas neste ámbito en 2016 ao 23%. As universidades galegas están relacionadas con 288 queixas e as deputacións provinciais con 36. Finalmente, 456 queixas tiñan a súa fonte en administracións doutro tipo.

En relación á administración autonómica, o departamento ao que se refire un maior número de queixas é a Sanidade (4.812), seguida da Consellería de Infraestruturas (2.132), a Consellería de Cultura e Educación (1.756) e a Consellería de Economía (1.410).

En canto ás queixas municipais, 2.257 corresponden a concellos da provincia de Pontevedra, sobre todo a Rodeiro (1.109) e Gondomar (822); e 1.094 aos da Coruña, das que 621 estiveron relacionadas con Sada. En Lugo orixináronse 118 queixas municipais e en Ourense 265.

FALTA DE COLABORACIÓN

Do mesmo xeito, o informe do Valedor recolle que durante o ano 2017 foi necesario realizar chamadas de atención por temas relacionados co deber de colaboración das institucións públicas galegas.

En concreto, as chamadas de atención “máis contundentes” levaron a cabo durante o exercicio en 85 ocasións en relación a departamentos da Administración autonómica e en 85 ocasións a concellos.

Na Xunta, foi necesario realizar 47 chamadas de atención á Consellería de Cultura, 14 á de Economía, 12 a Medio Ambiente, unha a Infraestruturas, oito a Política Social, tres a Sanidade, catro a Medio Rural, unha a Augas de Galicia e unha á Aplu. No ámbito municipal, destacan oito chamadas de atención a Vigo e seis a Sarria e a Ponteareas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...