InicioEconomíaDesconvocan a folga do servizo de limpeza das dependencias municipais de Vigo

Desconvocan a folga do servizo de limpeza das dependencias municipais de Vigo

"As súas principais reivindicacións eran ter unha xornada de 35 horas á semana, unha cuarta paga extra, seguir mantendo a antigüidade en trienios ao 5% do salario basee e un incremento económico digno", explicou a organización sindical.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do servizo de limpeza das dependencias municipais do Concello de Vigo decidiron este xoves desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado 18 de abril tras chegar a un acordo de convenio coa empresa concesionaria Urbaser.

Tal como indicou nun comunicado a CIG, que preside o comité de empresa, desde o primeiro día de folga os traballadores denunciaron uns servizos mínimos “abusivos” que non foron negociados e que ademais neles incluíase a parte do comité de folga, “vulnerando o seu dereito a folga ademais de vulnerar os seus dereitos fundamentais”.

“As súas principais reivindicacións eran ter unha xornada de 35 horas á semana, unha cuarta paga extra, seguir mantendo a antigüidade en trienios ao 5% do salario basee e un incremento económico digno”, explicou a organización sindical.

A CIG tamén engadiu que durante 10 días, o persoal tivo que aguantar “presións”. Con todo, nas últimas xornadas levaron a cabo varias reunións con Urbaser, chegando a un acordo de convenio.

Este documento terá unha vixencia ata o 31 de decembro de 2024 e recollerá incrementos do 19,5% repartidos na redución da xornada a 35 horas á semana, media hora de redución por cada ano de vixencia.

Tamén incluirá unha cuarta paga completa con antigüidade, oito días de libre disposición, revisión salarial en 2024 con carácter retroactivo, así como outros aspectos pactados anteriormente como plans de igualdade ou lactación.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...