InicioSociedadeA Covid sobe na área de Vigo con case 2.700 contaxiados activos

A Covid sobe na área de Vigo con case 2.700 contaxiados activos

Tamén continúan os falecementos pola enfermidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense en Galicia nos 1.728 –tres máis que o día anterior–, tras o que se elevan a 16.688 os casos activos no conxunto de Galicia, que implican 945 máis, mentres que os pacientes hospitalizados volven exceder os 700, con 702 ingresados –sete máis que a xornada pasada–. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 35,5%.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos–, pero aumentan a 681 as ingresadas en unidades convencionais –nove máis--, mentres que 15.986 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o xoves 21 de abril– había 636 hospitalizados, deles 15 en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumentan na área de Vigo, onde ascenden a catro os ingresados pola Covid en UCI –un máis– e a 84 os doutras unidades –tres máis–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en ascenso en Galicia e sitúanse en 16.688, que constitúen 945 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (1.728) que altas (780), ao que se engaden tres falecementos.

O aumento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+196), seguida da de Vigo (+161) que xa sobe aos 2.693 casos activos.

FALECIDOS

Por outra banda, as vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.336 despois de notificar a Consellería de Sanidade este xoves outros tres falecementos de pacientes con patoloxías previas. En concreto, o pasado 25 de abril faleceu un home de 85 anos na área sanitaria de Vigo e o día 26 dúas mulleres de 97 e 87 anos nas de Lugo e Ourense, respectivamente.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...