InicioSociedadeA catedral de Tui no selo de Correos dedicado á provincia de...

A catedral de Tui no selo de Correos dedicado á provincia de Pontevedra

O selo ten un valor facial de 0,75 euros e permite franquear unha carta normalizada con destino a calquera provincia española.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; e a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez presentaron este martes o selo da serie filatélica ’12 Meses, 12 Selos’ dedicado á provincia de Pontevedra.

Correos puxo en circulación este selo como “unha homenaxe á provincia e o seu gran valor artístico e monumental”. Con esta emisión, Correos continúa o seu percorrido filatélico polas provincias españolas, tentando que se lles dea unha gran visibilidade a través dos franqueos.

A imaxe deste selo fórmana as súas iniciais “PO” que figuran sobre un fondo que mostra unha imaxe do claustro da Catedral de Tui, que ten a particularidade de ser o máis antigo da comunidade galega. A súa orixe remóntase á primeira metade do século XIII, destacando o seu trazado seguindo a influencia cisterciense.

O selo ten un valor facial de 0,75 euros e permite franquear unha carta normalizada con destino a calquera provincia española.

O selo presentado no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra súmase á relación de selos que Correos dedicou a diversos motivos desta provincia. Este martes tamén se presenta na Guarda o selo emitido en abril dedicado ao Monte Santa Trega. Cun valor de 2,70 euros, o selo recolle un primeiro plano dunha das construcións do castro e de fondo as vistas que se poden admirar desde o monte.

Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, están as que en 1965 rendían homenaxe ao Pazo de Fefiñáns de Cambados, a da ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro do Hío

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...