InicioVigo e contornaVigoCaballero non cederá Castrelos á Xunta para facer un concerto

Caballero non cederá Castrelos á Xunta para facer un concerto

"Parece que queren montar lea", apuntou o rexedor vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia planea a organización dun gran concerto dentro da programación do Xacobeo 21-22 no estadio municipal de Balaídos, segundo confirmaron fontes do goberno galego, aínda que o alcalde da cidade, Abel Caballero, xa confirmou que non se poderá celebrar ese evento no estadio debido ás obras de remodelación, e tamén rexeitou ceder o auditorio de Castrelos.

Cuestionado acerca dos plans da Xunta, o alcalde puntualizou en rolda de prensa que non ten constancia de ningunha petición por parte do goberno galego ou de ningunha promotora para a realización dun concerto do Xacobeo en Balaídos. En todo caso, incidiu, as obras de reforma do estadio “imposibilitan” a celebración dun evento desas características e “hai que dar prioridade á obra”.

De feito, subliñou, si haberá un gran concerto no estadio, pero será organizado polo Concello e cando se acaben as obras de remodelación (segundo o calendario municipal, o fin dos traballos será a principios de 2023). Así mesmo, matizou que a disputa de partidos de fútbol si é compatible coa rehabilitación, posto que non require ningunha montaxe especial, e atribuíu a intención do goberno galego de facer un concerto en Balaídos a unha estratexia de confrontación: “Parece que queren montar lea”.

Sobre a posibilidade de que se ceda o auditorio de Castrelos, tamén municipal e a outra única localización que permitiría un evento para gran cantidade de espectadores, Abel Caballero reiterou que a Xunta debe enviar o diñeiro ao Concello e este organizaría un concerto. “Eu subo alí (ao escenario) e digo que o paga a Xunta”, afirmou, antes de recalcar que “en Castrelos só organiza concertos o Concello”. “Nós non cedemos as nosas competencias, son nosas e as festas organizámolas nós”, engadiu.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...