InicioSucesosA organización do Marisquiño solidarízase con todos os feridos e os seus...

A organización do Marisquiño solidarízase con todos os feridos e os seus familiares

Aseguran que todos os concertos cumprían as medidas de seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O equipo de comunicación do Festival O Mariquiño vén de publicar, 12 horas despois do accidente, un comunicado sobre o acontecido na súa tráxica última xornada. Nel, lamentan profundamente o accidente da pasada noite “e solidarízanse con todos os feridos e os seus familiares, que agora mesmo son a prioridade absoluta para todos”, subliñan.

Operativo de Emerxencias no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

Quixeron destacar ademais “o civismo demostrado polo público, que abandonou de forma ordenada o recinto e permitiu o traballo dos equipos de rescate e seguridade, que realizaron un gran labor. Agradecemos publicamente a súa colaboración”.

Engadiron ademais que o recinto “se atopa baixo precinto xudicial, á espera dos informes dos peritos para delimitar as causas técnicas do derrube da pasarela afectada”.

Aseguran que os concertos organizados por O Marisquiño cumprían as condicións de seguridade requiridas pola lexislación. “Estamos a disposición das autoridades competentes para todo o que poidan necesitar”, conclúen.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...