InicioSucesosBalance final do accidente do Marisquiño: 313 feridos, 5 graves

Balance final do accidente do Marisquiño: 313 feridos, 5 graves

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 312 persoas foron atendidas esta noite, cinco delas de gravidade, aínda que non se teme pola súa vida, tras o accidente que se produciu na noite do domingo a luns en Vigo, en pleno festival do Marisquiño, ao esborrallarse unha pasarela de madeira durante unha das actuacións.

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique César López Veiga, apuntou a un “fallo estrutural” como posible causa do esborralle da pasarela na que se estaba celebrando o festival. “O primeiro que hai que ver é o que está a pasar, pero a impresión apunta a algún tipo de fallo estrutural porque a parte superior ten madeira pero o estraño é o formigón”, indicou López Veiga nunha entrevista na Cadea Ser recollida por EP.

Así lembrou, neste sentido, que “o formigón é moi resistente”, polo que “se estivese ben armado con ferro non é fácil que pase”, engadiu.

Nove das 313 persoas atendidas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) permanecen ingresadas en centros hospitalarios, cinco delas en estado grave. Diso informou en declaracións a ‘Antena 3’, recollidas por Europa Press, este luns o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que precisou que das nove persoas ingresadas, dous son menores. Con todo, espérase que un destes menores poida recibir o alta xa na mañá deste luns.

No lugar do sinistro realizáronse varios rastreos térmicos para comprobar que non quedara ninguén debaixo da pasarela nin na auga, xa que algúns dos accidentados caeron ao mar tras o derrube. Tamén o alcalde Abel Caballero achegabase ao lugar dos feitos para tranquilizar á xente e destacaba que a maioría parte dos feridos eran leves e que non había constancia de desaparecidos.

O accidente tivo lugar a última hora da noite do domingo, cando centos de persoas escoitaban a última das actuacións do festival sobre unha plataforma situada no Parque das Avenidas que xa fora criticada polo seu mal estado de conservación.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...