InicioSociedadeAbel Caballero pide unha Facultade de Medicina en Vigo e critica o...

Abel Caballero pide unha Facultade de Medicina en Vigo e critica o “centralismo” de Santiago

O alcalde denuncia que "non se están respectando" os acordos de descentralización clínica das prácticas docentes de Medicina.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que comezará unha demanda para solicitar que a Universidade de Vigo teña a súa propia Facultade de Medicina na cidade, algo “imprescindible” debido a que “non se entende” por que Galicia ten “unha cuarta parte de alumnos de Medicina que outras Comunidades Autónomas”.

Así o sinalou Caballero na súa rolda de prensa diaria, onde se preguntou de forma retórica cal é o motivo polo que Vigo non ten esta facultade, sinalando o “centralismo de Santiago”. “Pois eu non o acepto”, reivindicou.

Neste sentido, insistiu en que defenderá que a cidade olívica teña a súa propia Facultade de Medicina. Sempre segundo palabras de Abel Caballero, “non se están respectando” os acordos de descentralización clínica das prácticas docentes de Medicina, debido a que o profesorado o designa Santiago e “o están centralizando en Santiago”.

Por iso, ao seu xuízo, Vigo debería ter unha Facultade de Medicina para o alumnado do sur de Galicia que queiran estudar esta carreira universitaria.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...