InicioVigo e contornaVigoTres novos detidos polas malleiras nocturnas denunciadas en Cangas

Tres novos detidos polas malleiras nocturnas denunciadas en Cangas

Están acusados de tentativa de homicidio e lesións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a tres mozos como supostos autores dunha tentativa de homicidio e de delitos de lesións en varias pelexas ocorridas nas rúas de Cangas na madrugada do domingo 6 de marzo. Varios mozos resultaron feridos as disputas, dos cales un veciño de Bueu permaneceu ingresado nun centro médico durante nove días e precisou ser intervido cirurxicamente como consecuencia das lesións que padecía.

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos sucederon a madrugada do 6 de marzo en Cangas, cando varias persoas repartiron golpes na vía pública tras altercados ou incidentes que xurdiran entre eles no interior dalgún dos locais dunha zona de lecer.

As primeiras indagacións que realizaran as patrullas de seguridade cidadá da Garda Civil municipio e da Policía Local, que foron as primeiras en chegar a lugar, permitiron ao Equipo de Policía Xudicial da Benemérita en Cangas iniciar unha investigación que culminou coa identificación da práctica totalidade dos mozos que se viron involucrados. Algúns deles tiveran que recibir asistencia sanitaria por mor dos golpes que recibiron.

De todas as persoas que foran derivadas a centros asistenciais, resultou especialmente afectado un veciño de Bueu, de 29 anos, que permaneceu ingresado nun centro de Vigo do 6 ao 15 de marzo, onde foi intervido cirurxicamente. En concreto, tal e como indica a Garda Civil, a vítima presentaba un total de nove fracturas nos distintos ósos da cara, ademais da rotura dun dente.

Como consecuencia da brutal malleira que lle proferiron e a gravidade das lesións que lle causaron con patadas na cabeza, os axentes detiveron a tres novos –un de Haití con domicilio en Madrid e outros dous veciños de Moaña– como supostos autores de tentativa de homicidio e lesións.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...