InicioSucesosA información nas redes sociais do Marisquiño tras o accidente: escasa e...

A información nas redes sociais do Marisquiño tras o accidente: escasa e unha hora tarde

O equipo de comunicación do evento tan só publicou unha breve mensaxe nas redes sociais cando xa pasara unha hora da traxedia. A información brillou pola súa ausencia na Rede por parte dos organizadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pasaban só seis minutos da media noite cando saltaba a alerta en Twitter: “Se hunde parte del muelle del Puerto de Vigo durante la celebración de O Marisquiño”. O aviso dábao Jacobo Pérez, un estudante de Xornalismo na Universidade de Santiago e de Comunicación Audiovisual na de Vigo. A súa alerta saltaba oito minutos despois do accidente, que aconteceu ás 23.58 horas. A partir de entón, a información mesturouse cos rumores nas redes sociais. Unha avalancha de chíos convertía o accidente nun dos temas máis comentados e compartidos en Twitter en España (trending topic). E mentres tanto, a organización do evento gardaba silencio.

Primeiro aviso en Twitter do accidente durante un concerto no Marisquiño 2018.
Primeiro aviso en Twitter do accidente durante un concerto no Marisquiño 2018.

Case unha hora despois de acontecer á traxedia, ás 00.55 horas, a organización publicaba en Twitter e Facebook este breve comunicado: “O MARISQUIÑO INFORMA: Ante el accidente ocurrido en el recinto portuario, os informamos que hay un puesto de ayuda e información en la Plaza de la Estrella. Si alguien echa en falta a algún familiar o amigo puede dirigirse allí en busca de información. Gracias”.

Iso foi todo o que a organización do Marisquiño aportou aos milleiros de persoas que seguían a información en directo nas redes sociais sobre o que estaba acontecendo en Vigo, moitos deles, familiares e amigos dos afectados polo derrube dunha estrutura de madeira do paseo das Avenidas, durante un concerto de Rels B. Ningunha información máis nas súas contas de redes sociais en toda a noite. Nin sequera un teléfono de contacto para os achegados das vítimas.

Única mensaxe que publicou a organización do Marisquiño, unha hora despois do accidente.
Única mensaxe que publicou a organización do Marisquiño, unha hora despois do accidente.

A falta de información por parte da organización foi paliada polo traballo feito por xornalistas, pero tamén por cidadáns que estaban alí presentes e que aportaron imaxes e testemuños nas redes sociais do que se estaba vivindo no porto vigués.

Na información en liña, O Marisquiño non estivo á altura dos acontecementos. Dez horas despois do accidente, mantiñan o silencio.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...