InicioEconomíaO Concello de Vigo asegura que paga aos provedores nunha media de...

O Concello de Vigo asegura que paga aos provedores nunha media de 11 días

Abel Caballero volveu cargar contra a Xunta, despois de que o Consello aprobase dedicar 12 millóns de euros a diferentes actuacións na cidade da Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o Concello olívico pagou aos seus provedores no primeiro trimestre deste ano nunha media de 11 días, converténdose no ente público “máis rápido” en facer os seus pagos.

Así o sinalou o rexedor na súa rolda de prensa diaria, dicindo que o Concello pagou a máis de 1.370 provedores uns 30 millóns de euros nos tres primeiros meses de 2022 nunha media de 11 días. Caballero destacou a importancia de que as administracións paguen con rapidez, para que as empresas teñan a liquidez necesaria para continuar coa súa actividade.

Entre outros temas, o alcalde falou da súa reunión cos representantes de Nhood, propietarios de Vialia, indicando que nas próximas semanas a compañía e o Concello asinarán un convenio para ceder a praza do centro comercial ao ente público, polo que se gastarán uns 140.000 euros públicos para o seu mantemento.

Así mesmo, Caballero volveu cargar contra a Xunta, despois de que o Consello aprobase o pasado mércores dedicar 12 millóns de euros a diferentes actuacións na cidade da Coruña. O rexedor aproveitou esta situación para denunciar a “marxinación permanente” do Goberno galego a Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...