InicioVigo e contornaVigoRexeitados os recursos dunha particular contra o PXOM de Vigo

Rexeitados os recursos dunha particular contra o PXOM de Vigo

A muller alegara ante dous tribunais que o plano contiña erros básicos de medición, entre outras "irregularidades".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Santiago e o xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Vigo desestimaron senllos recursos interpostos por unha particular que pretendía a anulación do acordo plenario que deu luz verde á aprobación inicial do novo Plan de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade olívica, en agosto do ano pasado, e fixérono por considerar que non se pode expor esta cuestión mediante un procedemento de dereitos fundamentais.

Esta veciña de Vigo esgrimiu o seu dereito constitucional de petición para pedir á Consellería de Ordenación Territorial que anulase o acordo plenario, ao considerar que se cometeron irregularidades na tramitación do documento urbanístico, con supostos erros nas medicións, nos planos achegados, ausencia de documentación, etc.

A administración autonómica, no entanto, rexeitou a súa petición alegando que non ten competencias para resolver ese conflito, que corresponde ao Concello, e que existen outras canles para denunciar esas supostas irregularidades. A muller recorreu esa decisión e o xulgado de Santiago rexeitou o seu recurso e avalou as teses da Xunta.

Na mesma liña, a particular presentou recurso en Vigo e o maxistrado tamén sinalou que ese tipo de conflito non se pode dirimir nun procedemento de dereitos fundamentais xa que, segundo recolle a propia lexislación, non se pode esgrimir o dereito de petición recollido na Constitución cando existen outras canles xurídicas para ventilar o asunto.

O xuíz sinala na súa resolución que as supostas irregularidades denunciadas por esta veciña “serían vulneracións de legalidade ordinarias” e lembra que ten opcións como a presentación de alegacións ou, no seu caso, a impugnación da PXOM cando sexa aprobado definitivamente.

O alcalde, Abel Caballero, interpretou estas dúas resolucións como un aval á tramitación do Plan Xeral, e concluíu que os tribunais dan por falsas as acusacións de supostas irregularidades.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...