InicioSociedadeA Xunta di que os peregrinos se perden en Vigo ao non...

A Xunta di que os peregrinos se perden en Vigo ao non ter sinalizado o Camiño

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, pide a taxistas que promocionen o Xacobeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, pediu este mércores que Vigo “deixe de ser a única cidade” que non ten sinalizado o Camiño de Santiago, o que provoca que “moitos” peregrinos se perdan ao pasar pola urbe olívica. Así o sinalou Roda na súa intervención durante a presentación da colaboración entre a Asociación Provincial de Autopatronos do Taxi de Vigo e o Goberno galego para promocionar o Xacobeo 21-22 nos seus vehículos.

Segundo Rueda, é “fundamental” que os taxis promocionen o Xacobeo xa que son a “primeira cara” que ven os turistas ao chegar a unha cidade e os condutores dos vehículos responden “moitas consultas” dos visitantes. Rueda puxo en valor que no que vai de ano uns mil peregrinos que chegaron a Santiago pasaran por Vigo, xa que o Camiño que percorre a cidade é o segundo máis transitado.

O vicepresidente do Executivo autonómico indicou que se o que se busca é que os turistas teñan “o mellor recordo” do Camiño, non poden perderse no seu paso por Vigo. “Oxalá que sexamos capaces de que Vigo deixe de ser a única cidade, polo menos das que eu coñezo polas que pasa o camiño, que non está sinalizada”, lamentou.

Na mesma liña falou a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, quen destacou a importancia do Xacobeo para a cidade e lamentou que Vigo sexa a única cidade que non ten sinalizado o Camiño, pedindo axuda aos taxistas para que guíen aos peregrinos que se atopen perdidos.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Provincial de Autopatronos do Taxi de Vigo, Emilio Mosquera, agradeceu á Xunta o seu apoio e subliñou que os taxis son “embaixadores” da cidade.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...