InicioSociedadeA Universidade de Vigo recoñece que "non existe garantía" do comezo de...

A Universidade de Vigo recoñece que “non existe garantía” do comezo de catro novos títulos de grao que tiña previsto implantar

A UVigo ofertará un máximo de 3.629 prazas de grao e 1.820 de máster o próximo curso nos tres campus

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) fixou este martes en 3.629 o límite de prazas de grao que ofertará o próximo curso 2022-2023 nos seu tres campus (Vigo, Pontevedra e Ourense), así como en 1.820 as prazas de máster.

O total de prazas aprobadas inclúe as correspondentes ás catro novas titulacións dos graos de Intelixencia Artificial (50 prazas), Relacións Internacionais (22 prazas), Deseño (45 prazas) e a mención dual de Enxeñaría de Automoción (20 prazas), cuxa implantación para o curso que vén non está garantida, ao estar afectados polo Real Decreto aprobado polo Goberno central en outubro que regula, entre outras cuestións, o procedemento de verificación e autorización de novas titulacións oficiais e que introduce novas condicións para poder impartir un novo título.

“Non existe garantía do comezo dos novos títulos de grao, que están en diferentes etapas de tramitación”, indicou o vicerreitor de Ordenación Académica de Profesorado, Manuel Ramos, explicando que o novo decreto cambia “toda a parte procedemental e a documentación necesaria, sen que ningunha disposición transitoria permitise seguir o proceso pola norma pola que se empezou para as solicitudes xa en marcha”.

Por todo iso, advertiu de que, “de non producirse algunha relaxación dos criterios establecidos”, como piden as universidades da Xunta de Galicia, “non chegarán a tempo o curso que vén”.

Así mesmo, nesta relación de prazas non se inclúen nin o grao de Enxeñaría Mecánica que se imparte no Centro Universitario de Defensa de Marín, que se fixan mediante un decreto do Ministerio de Defensa; nin as do grao de Administración e Dirección de Empresas que impartía IESIDE como centro adscrito, despois da creación da Universidade Intercontinental da Empresa.

Na sesión deste martes tamén se deu luz verde a un límite de 1.820 prazas de máster para o curso que vén e aprobáronse as planificacións docentes anuais das titulacións de grao e máster.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...