InicioEconomíaPontevedra, a única provincia que perde afiliados á Seguridade Social en marzo

Pontevedra, a única provincia que perde afiliados á Seguridade Social en marzo

A Seguridade Social gañou unha media de 2.311 cotizantes no mes de marzo en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Seguridade Social gañou unha media de 2.311 cotizantes no mes de marzo en Galicia, o que supón un 0,23% máis que no mes anterior, ata alcanzar os 1.028.457 afiliados en Galicia. Segundo datos publicados este luns polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, recollidos por Europa Press, no último ano Galicia gañou 29.724 cotizantes, o que supón un 2,98% máis.

En concreto, todas as provincias galegas gañaron afiliados en marzo excepto Pontevedra, onde o número de cotizantes baixou en 400 persoas, ata 359.222 afiliados. Pola súa banda, na Coruña incrementáronse en 2.373 persoas, ata 444.204 cotizantes. Tamén en Lugo a Seguridade Social gañou 210 afiliados, ata 122.090 persoas, e en Ourense este dato foi de +127, ata 102.942 afiliados.

DATOS NACIONAIS

A nivel estatal, a Seguridade Social gañou unha media de 140.232 cotizantes no mellor mes de marzo desde 2019 a pesar da guerra en Ucraína e ao paro vivido no sector do transporte que, aínda que se deixou notar nalgúns días do mes, acabou rexistrando un comportamento similar ao doutros anos previos á pandemia.

Con este repunte de afiliados, o número total de ocupados situouse ao finalizar marzo en 19.834.504 cotizantes, sempre segundo datos do Ministerio, que destacou que este repunte da ocupación está “en liña co crecemento habitual dos meses de marzo”.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...