InicioSucesosO xulgado acorda a liberdade para o futbolista que estaba en prisión...

O xulgado acorda a liberdade para o futbolista que estaba en prisión provisional pola malleira a dous mozos en Vigo

O xuíz aceptou a súa petición ao constatar, tras examinar os informes forenses pedidos pola súa defensa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 8 de Vigo acordou a posta en liberdade do futbolista ourensán que permanecía en prisión provisional pola súa presunta implicación na malleira que sufriron dous mozos en Vigo, na madrugada do pasado 30 de xaneiro.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes xurídicas, o xuíz aceptou a súa petición ao constatar, tras examinar os informes forenses pedidos pola súa defensa, que a vida das vítimas non correu perigo, e tendo en conta que ningún das testemuñas da agresión puido identificalo nas rodas de recoñecemento.

Con todo, o investigado deberá comparecer quincenalmente en sede xudicial e retirar o pasaporte. As mesmas medidas aplícanse ao outro investigado neste caso, outro futbolista ourensán que non chegou a entrar en prisión.

A instrución, que permanece baixo segredo de sumario, continúa para esclarecer o ocorrido na madrugada do 30 de xaneiro, na confluencia das rúas María Berdiales e Hernán Cortés, onde dous mozos de 20 e 21 foron agredidos brutalmente, e acabaron hospitalizados.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...