InicioVigo e contornaO PorriñoO Festival de Cans premia a Margarita Ledo pola súa carreira "transversal"

O Festival de Cans premia a Margarita Ledo pola súa carreira “transversal”

Recibirá o premio Pedigree.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea da Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a súa distinción de honra, o premio Pedigree, á escritora, cineasta e investigadora Margarita Ledo, unha das autoras “cun traballo máis transversal no cinema galego”. Segundo comunicou a asociación, con este premio preténdese recoñecer unha obra “caracterizada pola defensa da lingua, a visibilidade das mulleres anónimas e a intención de reconstruír a identidade dun país, rescatando a memoria borrada”.

O Festival de Cans destacou a súa “interesante mirada” e a súa evolución desde o documental “a novas vías de exploración difuminadas coa ficción”. Margarita Ledo recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no ‘Torreiro’ de Cans na próxima edición do festival, que terá lugar entr o 18 e o 21 de maio. Ledo conseguiu varios recoñecementos coa súa última película, Nación (2020), e dirixiu con anterioridade outros traballos como Santa Liberdade (2021), Liste (2007) ou A cicatriz branca (2012).

OUTROS RECOÑECEMENTOS

Por outra banda, o Festival de Cans confirmou tamén o recoñecemento ao actor Federico Pérez Rey co Chimpín de Prata; que tamén se entregará ao xornalista cultural e director cinematográfico, Javier Tolentino. Finalmente, os veciños de Cans, Marisol e Fonso, serán recoñecidos este ano co Premio Divina Campos. Trátase de veciños colaboradores desde hai anos co festival, para o que ceden un baixo onde se proxectan curtametraxes desde fai varias edicións.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...