InicioSociedadeA UVigo elixirá novo reitor e representantes no Claustro o 4 de...

A UVigo elixirá novo reitor e representantes no Claustro o 4 de maio

Case 25.000 membros da comunidade universitaria poden votar nas eleccións a reitor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comunidade universitaria elixirá cos seus votos a quen será o seu próximo reitor ou reitora o vindeiro día 4 de maio de 2022, a mesma data na que se celebrarán as eleccións a representantes no Claustro Universitario. O calendario para ambas as dúas citas electorais arrancou o pasado 18 de febreiro coa publicación dos censos provisionais e finalizará o 11 de maio coa proclamación definitiva de resultados.

Entre os días 14 ao 18 de marzo, presentáronse as candidaturas, que serán proclamadas de xeito provisional o 28 de marzo, e de forma definitiva o 5 de abril. Do 19 de abril ao 2 de maio desenvolverase a campaña electoral, á que seguirá o día 3 a xornada de reflexión; o día 4 de maio terán lugar as votacións e o 5 de maio a proclamación provisional de resultados, que serán definitivos o 11 de maio.

20.491 persoas, segundo os censos provisionais,  poderán votar nas eleccións a reitor, mentres que o número de electores no caso do Claustro é de 20.118, 373 menos que no proceso electoral a reitor, porque o alumnado do Programa Universitario de Maiores non participa na elección dos membros do Claustro.

“Para exercer o dereito a voto, hai que ter a condición de elector ou electora que, segundo o artigo 3.1º do Regulamento electoral xeral, require figurar no censo e reunir os requisitos legalmente establecidos para cada proceso concreto, segundo os distintos sectores da comunidade universitaria. No caso do PDI e do PAS hai que estar en situación de servizo activo e con destino na UVigo, malia que, tanto o PDI contratado por obra ou por servizo, interino de substitución ou visitante, como o PAS eventual, deberá ter unha vinculación coa universidade superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses previos á convocatoria do proceso electoral”, explica o secretario xeral da UVigo, Miguel Ángel Michinel, que lembra que, no caso do alumnado, este debe estar matriculado antes do proceso electoral, quedando excluído o dos centros adscritos á institución e o participante en programas de intercambio.

VOTO PONDERADO E INVITACIÓN Á PARTICIPACIÓN

O artigo 50.3 do Regulamento electoral da UVigo indica que se proclamará reitor ou reitora, en primeira volta, a persoa candidata que acade o apoio proporcional de máis da metade dos votos validamente emitidos, unha vez feitas e aplicadas as ponderacións correspondentes, sen ter en conta os votos en branco para o cómputo.

En canto ás ponderacións dos votos, esta é do 51% no caso do profesorado doutor con vinculación permanente á universidade; 25% estudantado; 15% PAS e 9% o restante persoal docente e investigador. “Por imperativo legal, os votos teñen diferente valor. Consecuentemente, os nosos Estatutos estableceron as porcentaxes correspondentes á representación no Claustro: 51 %: PDI-A ; 9 %: resto do PDI; 25%: alumnado; e 15 % PAS. E indícase que, nas eleccións a reitor, o voto será ponderado por sectores e aplicaranse as mesmas porcentaxes que na representación no Claustro”, detalla o secretario xeral.

Cara á celebración dos procesos electorais, Michinel anima a comunidade a tomar parte neles porque “unha participación nutrida é o mellor sinal de lexitimidade de calquera proceso democrático, incluíndo, por suposto, todos os que se celebran na Universidade de Vigo”. Neste sentido, anima a participar, especialmente, o alumnado que, “ás veces, pode ver estas eleccións como algo alleo, pero que son importantes para a gobernanza da Universidade”, asegura o secretario xeral.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...