InicioCulturaNace en Vigo CRU, unha produtora audiovisual transfeminista

Nace en Vigo CRU, unha produtora audiovisual transfeminista

Está impulsada por Bea Saiáns e Eire Cid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CRU é o nome da nova produtora audiovisual transfeminista que vén de nacer en Galicia. Trátase, explican as impulsoras, dunha empresa emerxente con vontade de “transformación transfeminista das relacións de dominación do heteropatriarcado no eido cultural”. Desde a fórmula cooperativista e estruturas empresarias horizontais, CRU traballa para devolver á sociedade unha “cultura elaborada desde as identidades subordinadas” polo sistema heteropatriarcal, motivo, expón, polo que non emprega homes cis xénero.

CRU ofrece servizos de produción audiovisual de ficción e non ficción, concretados en longametraxes, curtametraxes, series de televisión ou programas web e vídeos musicais ou publicitarios. Ademais, CRU é tamén un espazo de formación transfeminista a través de distintos obradoiros que procuran a construción dunha mirada crítica, capaz de reflexionar sobre o universo audiovisual e o seu lugar na sociedade. Máis alá, CRU organiza eventos, mostras de cinema, exposicións ou faladoiros co obxectivo de visibilizar determinadas propostas culturais transfeministas.

Detrás deste proxecto atópase, por unha banda, Bea Saiáns (Vigo, 1991), comunicadora audiovisual e especializada en Xénero e Comunicación. Ten dirixido varias curtametraxes como Anti-mulleres. Existir Mal (2016), Historias de Non-Ficción (2018), Cinema Anémico (2017), ou Pai (2019), así coma vídeos musicais. E pola outra banda, Eire Cid (Vigo, 1991), Doutora Cum Laude en Comunicación e Información Contemporánea. Ademais, é cofundadora e presidenta de Corentena Producións, asociación para a que realizou diversos traballos de guión e dirección como Monstras (2020), a primeira webserie feminista en galegoe gravada por unha equipa de mulleres. 

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...