InicioSociedadeStellantis Vigo prolonga o corte de produción por problemas de abastecemento

Stellantis Vigo prolonga o corte de produción por problemas de abastecemento

Fontes da factoría explican que estas medidas responden á crise de subministracións que hai máis dun ano afecta o sector e desvinculáronas do paro convocado por transportistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo prolongou a suspensión de actividade das súas liñas de montaxe debido aos problemas de aprovisionamento de compoñentes (principalmente aqueles con microchips) e confirmou que os traballadores non volverán ao traballo o vindeiro luns, como estaba previsto.

Segundo comunicou a empresa ao persoal, no caso do sistema 1 (o que monta o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301), exponse un escenario de fabricación cun ‘mix’ de Peugeot 2008 exclusivamente eléctrico e do resto de modelos desa liña de montaxe.

Para iso será necesario baleirar os ‘encursos’ (os coches que están a medio montar na liña) previamente, e a continuación da produción dependenderá da dispoñibilidade das pezas necesarias para facer ese baleirado (e completar a montaxe dos vehículos pendentes). Por tanto, a actividade non se retomará o 21 de marzo como se anunciou e a empresa avisará os equipos desta liña de montaxe “unha vez que se dean as condicións para o arranque”.

Con respecto ao sistema 2 de produción, o que monta as furgonetas e os monovolúmenes, anulouse a previsión de volver o luns e fixouse como data de reinicio o martes 29 de marzo na quenda de mañá.

Fontes da factoría explicaron a Europa Press que estas medidas responden á crise de subministracións que hai máis dun ano afecta o sector e desvinculáronas do paro convocado por transportistas. De feito, lembraron que a fábrica xa estaba parada por falta de compoñentes cando se iniciou este paro.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...