InicioPolíticaCaballero afea a "indignidade" do BNG por "non condenar" a invasión de...

Caballero afea a “indignidade” do BNG por “non condenar” a invasión de Ucraína

Afirma que esta posición "lembra" o apoio dado polos nacionalistas ao "bolcheviquismo da URSS".

PUBLICADO O

- Advertisement -

alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse este martes “absolutamente indignado” pola “negativa” do BNG a condenar a invasión de Ucraína por parte de Rusia, e afirmou que esta posición “lembra” ao apoio dado polos nacionalistas ao “bolcheviquismo da URSS”.

O rexedor censurou que o BNG “se nega” a condenar esa “invasión asasina de Putin”, a pesar de que tanto o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, como a portavoz nacional, Ana Pontón, expresaron en varias ocasións a súa repulsa por esta invasión (criticando tamén a escalada belicista e o envío de armas a Ucraína por parte de España e outros países).

Segundo o alcalde de Vigo, o BNG negouse a asinar os acordos colectivos que apoian as “forzas democráticas” para condenar esa invasión. “Esta posición lémbrame o tempo de apoio do BNG ao bolcheviquismo da URSS”, sinalou, e denunciou que os nacionalistas “equipasen” o apoio dos países democráticos a Ucraína con “a agresión asasina de Putin”.

“Isto é o BNG de Galicia e do BNG de Vigo, non queren condenar a invasión asasina de Putin, que indignidade política!“, proclamou o rexedor, que esixiu aos nacionalistas que “rectifiquen” e “que pidan perdón ao pobo de Ucraína”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...