InicioEconomíaA tecnolóxica ifm presenta en Vigo as súas innovacións no ámbito dos...

A tecnolóxica ifm presenta en Vigo as súas innovacións no ámbito dos sensores

David Regades mostrou o seu "orgullo" de que esta empresa escollese a cidade para dar a coñecer os seus avances, facilitar traballos e fortalecer o sector da automoción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, visitou este luns o innovador camión da compañía tecnolóxica ifm, que nos próximos días estará situado no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares para achegar ás empresas novos sistemas de automatización industrial.

Tal como explicou o responsable comercial de ifm en Galicia e Asturias, Luís Larrán, o obxectivo desta visita é dar a coñecer ás empresas as últimas tecnoloxías de ifm no ámbito dos sensores e da dixitalización da información que estes recollen. Así, o innovador camión, que se desprega e ten dúas plantas, achega ao cliente as novidades e pretende adaptarse ás súas necesidades para axudar e asesorar as empresas.

A compañía alemá ifm é unha das empresas líder en tecnoloxía de sensores e pioneira na industria 4.0. O seu camión viaxou desde 2019 por toda Europa para mostrar as últimas novidades do seu sector ás empresas. Regades mostrou o seu “orgullo” de que unha empresa como ifm escollese Vigo para dar a coñecer as últimas novidades no ámbito dos sensores, para facilitar traballos e fortalecer o sector da automoción.

Neste sentido, lembrou que ifm non só fornece produtos ao grupo automobilístico Stellantis, senón que tamén moitos dos produtores de compoñentes galegos apostan polos sensores da firma alemá.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...