InicioEconomíaA DO Rías Baixas non agarda "un dano moi grande" se deixa...

A DO Rías Baixas non agarda “un dano moi grande” se deixa de exportar a Rusia

Recoñécese "preocupada" e asegura que venden a Rusia máis de 200.000 litros de viño, "unha cifra que non é desdeñable".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Denominación de Orixe Rías Baixas estima que a posible cancelación das exportacións dos seus viños a Rusia pola invasión de Ucraína “non causará un dano moi grande” porque as vendas se compensarán con outras en mercados en crecemento. Así o sinalou o presidente do Consello Regulador de Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, que lembrou que o ruso é un dos principais mercados emerxentes.

Un total de 24 adegas venderon a Rusia máis de 200.000 litros de viño, un 2,14% do total, “unha cifra que non é desdeñable” e que a situaba o posto número once entre os países que máis viño lles compraba. Con todo, Araújo apunta que a posible cancelación destas exportacións a Rusia “non causará un dano moi grande” porque as vendas se poderán compensar noutros mercados en crecemento.

O secretario xeral deste organismo regulador, Ramón Huidobro, manifestou que “preocupa” o que está a suceder en Rusia e Ucraína, especialmente porque a Rías Baixas lle “custara moito” situarse en ambos os mercados. Abrirse oco nun mercado como o ruso, explicou, “ten un custo elevadísimo” e máis para viños como os de Rías Baixas, que teñen un prezo medio superior á media.

EXPORTACIÓNS

A DO Rías Baixas presentou este mércores os datos de exportacións durante o ano 2021 con cifras marca e crecementos importantes no apartado de exportación: 9,4 millóns de litros en volume (cun incremento do 16,97%) e 56,2 millóns de euros (+27,43%) en valor. Estas cifras representan o 33,76% do total das vendas do conxunto das adegas durante o pasado exercicio, que por primeira vez na historia deste Consello Regulador as exportacións superan o 33%.

Ademais, estes viños atlánticos foron postos no mercado por 109 adegas da denominación e adquiridos por máis de 70 países. O número de botellas vendidas o pasado exercicio foron un total de 12.644.123 (o total de viño amparado por esta DO véndese embotellado). O prezo medio por foi de 5,93 euros, superando así o prezo do ano anterior de 5,44 euros.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...