InicioEconomíaA CUT critica a "falta de previsión" de Stellantis Vigo e indica...

A CUT critica a “falta de previsión” de Stellantis Vigo e indica que en Francia se está producindo “con normalidade”

Critica que a saída fácil" sexa "tirar de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario da sección sindical da Central Unitaria de Traballadores (CUT) en Stelantis Vigo, Vitor Mariño, criticou a “falta de previsión” da compañía, que está a obrigar á factoría viguesa a deter a súa actividade nos últimos meses e asegurou que provedores lles informaron de que en Francia se está producindo “con normalidade”.

Así o sinalou Mariño tras unha manifestación que percorreu a cidade olívica desde Urzaiz con Vía Norte e terminou na Delegación da Xunta en Areal. O sindicalista denunciou a “situación precaria” que viven os traballadores da compañía automobilística ante a “falta de previsión” de subministración de compoñentes.

Segundo el, na actualidade xa non só hai escaseza de microchips, senón que outros elementos comezan a faltar e culpa ao sistema ‘just in estafe’ que utiliza a empresa, que reduce os almacéns intermedios e “ante calquera problema que xurda na cadea de subministración os empregados padecen as consecuencias”.

Vitor Mariño lamentou que a “saída fácil” sexa “tirar de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)”. Con todo, en ocasións a empresa decide aumentar a produción e días despois redúcea e elimina quendas, “xogando co pan e coas familias”.

Ademais, asegurou que os provedores informaron de que en Francia se produce “con normalidade”, mentres que en Vigo están a utilizarse todos os elementos de “flexibilidade” que hai ao alcance da empresa para deter a actividade da fábrica de Balaídos en reiteradas ocasións. Por iso, pediu que se estableza unha previsión anual. Mariño indicou que o parón das quendas de fin de semana anunciado pola empresa afecta a uns 1.400 traballadores.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...