InicioSociedadeTui amosa como gozar da gastronomía xudeu-española de Sefarad

Tui amosa como gozar da gastronomía xudeu-española de Sefarad

Está composta por 27 paneis explicativos acompañados de códigos QR.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.

A exposición, composta por 27 paneis explicativos acompañados de códigos QR que traducen e amplían o coñecemento a través da descarga de material didáctico, está enfocada no estudo dos costumes e comidas sefardíes, e foi concibida co obxectivo de difundir a cultura sefardí e rescatar o patrimonio intanxible que inspira a gastronomía xudeu-española.

A mostra, que rende homenaxe á muller xudía como transmisora da cultura e as tradicións gastronómicas, foi compilada e realizada por Javier Zafra, autor do libro homónimo editado pola Rede de Xudarías, e se mergulla no legado máis suculento da cultura sefardí por medio de apuntamentos históricos, achados gastronómicos e imaxes que contextualizan a cultura e a gastronomía xudeu-española.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, con esta exposición o concello tudense continúa traballando na súa aposta pola difusión do patrimonio xudeu que se conserva na nosa cidade e que enriquece e diversifica a oferta cultural e turística da nosa cidade. “Esta exposición abre novas canles para incrementar a oferta de calidade da nosa cidade vinculada ao patrimonio xudeu que custodia a nosa cidade ao longo dos séculos”, indicou.

ÚLTIMAS

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...