InicioSociedadeA área de Vigo a piques de baixar dos 3.000 casos covid

A área de Vigo a piques de baixar dos 3.000 casos covid

Tamén baixan os hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia arrinca a semana na que o Sergas deixa de rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de Covid-19 cun aumento a 431 dos pacientes hospitalizados –cinco máis que a xornada anterior–, mentres que descenden a 1.371 os novos contaxios –266 menos– e a 16.725 as infeccións activas –case 300 menos–.

Con todo, o número de infectados é o dobre dos que había hai unha semana. O luns anterior, 28 de febreiro, había 830, a cifra máis baixa no que vai de ano. Pola súa banda, a taxa de positividade redúcese a un 11 por cento no conxunto de Galicia e as vítimas da pandemia soben a 3.127, ao sumar dous falecementos.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Vigo, na que seguen catro pacientes ingresados pola Covid en UCI –sen cambios– e descenden a 42 os doutras unidades –sete menos–

CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 volven descender no arranque desta semana tras varios días en aumento na pasada e sitúanse en 16.725, que implican 298 menos que o día anterior ao haber máis altas (1.667) que novos contaxios (1.371), ao que se engaden dous falecementos. Na área de Vigo hai 80 contaxiados menos e queda con 3.077 pacientes covid.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...