InicioSociedadeAumentan levemente os hospitalizados con Covid na área de Vigo

Aumentan levemente os hospitalizados con Covid na área de Vigo

Ralentizase o descenso de casos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia mantense cunha evolución descendente de casos activos de Covid-19 e de pacientes hospitalizados por este coronavirus, que baixan a 16.109 –supoñen 756 menos– e 419 –implican 15 menos–, respectivamente, mentres que os novos contaxios mantéñense na contorna dos 1.200, aínda que cun lixeiro descenso –72 menos– con respecto ao día anterior. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta a un 9,5 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, increméntanse a 29 as persoas ingresadas en UCI debido á Covid-19 en Galicia –dúas máis–, pero baixan a 390 as hospitalizadas en unidades convencionais –17 menos–, mentres que 15.690 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe lixeiramente na de Vigo, onde se manteñen cinco pacientes ingresados pola Covid en UCI e aumentan a 44 os hospitalizados noutras unidades –un máis–. 

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso en Galicia e sitúanse nos 16.109. A redución de casos activo volve ser xeneralizada nas sete áreas sanitarias de Galicia, coa de Vigo con 109 casos menos e queda con 3.232.

VÍTIMAS

As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.111 tras notificar este mércores a Consellería de Sanidade outras dúas vítimas, ambas as dúas con patoloxías previas e, unha delas, na área de Vigo. Trátase dun home de 82 anos.

ÚLTIMAS

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...

Golpe ao contrabando de tabaco en Vigo

A Garda Civil, a través da Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Vigo, interceptou...

Vigo volverá saír á rúa “baixo o mesmo paraugas” para celebrar o Día das Persoas con Discapacidade

A cidade de Vigo volverá saír á rúa o próximo 3 de decembro "baixo...