InicioSucesosMedios de Salvamento remolcan a un cargueiro italiano tras quedar á deriva...

Medios de Salvamento remolcan a un cargueiro italiano tras quedar á deriva preto das Illas Cíes

Tiveron un problema no motor e quedaron á deriva a unhas 8 millas de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O buque de Salvamento Marítimo ‘María Pita’ tivo que remolcar este domingo ao cargueiro de bandeira italiana ‘Grande Mirafiori’, á deriva nas inmediacións das Illas Cíes.

Segundo fontes de Salvamento consultadas por Europa Press, o cargueiro tería que entrar durante a tarde deste domingo ao porto de Vigo, pero ao “arrincar a máquina” tiveron un problema no motor e quedaron á deriva a unhas 8 millas de Vigo, nas proximidades das Illas Cíes.

Salvamento Marítimo, en contacto co Capitán Marítimo, comunicouse co cargador para coñecer se tiñan medios de fondeo e saber a axuda que necesitaban. Desde o Grande Mirafiori informóuselles que estaban á espera dun remolcador comercial, pero ao atrasarse en chegar á zona, Salvamento enviou de inmediato o buque ‘María Pita’, sobre as 18,15 horas.

Ademais, ata a zona desprazouse o barco do Servizo de Gardacostas ‘Irmáns García Nodal’ e tamén unha Salvamar de Salvamento Marítimo.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...