InicioVigo e contornaVigoBarcos galegos que continúan a procura en Terranova: "isto é moi duro"

Barcos galegos que continúan a procura en Terranova: “isto é moi duro”

A Cooperativa de Armadores de Vigo censura a falta de apoio das administracións: "non podemos substituír o rescate profesional", destacan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Vigo, ARVI, admitiu este xoves que o empeoramento das condicións meteorolóxicas está a complicar a procura dos náufragos da ‘Villa de Pitanxo’, e insistiu en que, aínda que seguirán “cun ollo nos aparellos e outro nos labores de rastrexo”, os barcos pesqueiros que están na zona do afundimento “non poden substituír ás administracións” nin aos operativos profesionais de rescate.

Así o trasladou en declaracións aos medios o presidente de ARVI, Javier Touza, quen apoiou a demanda das familias de que se manteña o dispositivo de procura. En todo caso, explicou que os barcos que aínda están na zona do naufraxio, catro galegos e algún outro portugués, confirmaron o empeoramento do tempo. “Tal e como esperabamos estase recrudecendo a situación, hai escasa visibilidade, ventos fortes… e temos que velar tamén pola seguridade dos nosos tripulantes”, recalcou Touza.

O presidente de ARVI subliñou que a frota galega “nunca abandonará” á xente do mar, pero o rastrexo “está a complicarse moito”. “Canto máis tempo pase tamén é máis difícil recuperar corpos e nós temos que facer o noso traballo. Estaremos mentres se poida, sempre cun ollo vendo o aparello e con outro nos labores de rastrexo, pero o que non podemos facer é substituír ás administracións, podemos complementalas”, sinalou.

Javier Touza tamén lembrou que os primeiros barcos en chegar á zona da traxedia foron os pesqueiros galegos, grazas aos cales se puido rescatar a sobreviventes e varios corpos de falecidos, todo iso de forma “desinteresada” e deixando de pescar e xerar recursos. “Demos mostras de que connosco sempre se pode contar, pero non podemos substituír aos rescatadores profesionais”, insistiu.

Ás complicacións meteorolóxicas súmase, segundo abundou, “o desgaste psicolóxico moi importante” das tripulacións da frota. “Unha cousa é pescar e outras é rescatar irmáns, curmáns, familiares, amigos íntimos. É moi duro”, proclamou, á vez que lembrou que, sen apoio de medios profesionais, “é como buscar unha agulla nunha palleira.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...