InicioSociedadeA Orquestra Miramar poñerá o toque musical ao martes de Entroido en...

A Orquestra Miramar poñerá o toque musical ao martes de Entroido en Tui

Non haberá o tradicional desfile debido á situación sanitaria, indica o Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O próximo martes de Entroido, festivo local en Tui, virá acompañado de música. A Orquestra Miramar actuará na rúa Compostela a partir das 19 h para amenizar a tarde festiva. Non haberá, iso si, o tradicional desfile de Entroido “debido á covid e tras as reunións mantidas coas comparsas participantes noutras edicións”, segundo indica o Concello.

Con todo, animan a veciñanza a “disfrazarse e a gozar do espectáculo da orquestra Miramar, tendo en conta as medidas de seguridade fronte á covid”. Tamén informan que non poderá estanciarse dende o luns pola noite e durante a xornada do martes no tramo comprendido entre a
rúa Ourense e a rúa Mondoñedo, posto que será aí onde se sitúe a orquestra.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...