InicioVigo e contornaVigoVigo será o centro do ciclismo de elite estatal cunha proba solidaria

Vigo será o centro do ciclismo de elite estatal cunha proba solidaria

A 'Gran Bikedada' propón un percorrido de 110km con inicio e fin na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 800 deportistas participarán este domingo na oitava edición da ‘Gran Bikedada’, unha cita deportiva e solidaria que este ano achega novidades “máis esixentes”, como a proba de ultrafondo, cun percorrido de 110 quilómetros con saída e chegada a Vigo, e pasando por 6 municipios da comarca.

A proba foi presentada este martes polo responsable do Social Ciclismo Fan Manager (organizador do evento), Pepe Xagarós, e, como cada ano, o diñeiro recadado coas inscricións, que chegaron a 812, destinarase a fins solidarios, a proxectos de cooperación en Guatemala.

Na oitava edición desta proba “clásica”, tras o parón obrigado pola pandemia o ano pasado, mantéñense os percorridos das probas de gran fondo (100 km), fondo (69 km) e medio fondo (42 km), pero incorporarase unha cronoescalada de 4 quilómetros, entre Castiñeira e Amoedo.

Con todo, a gran novidade é a incorporación da proba de ultrafondo, de 110 quilómetros e só para os moi preparados. Esta ruta, como o resto, sae de Vigo, e percorrerá os montes de Chapela (pola Senda da auga), Os Valos, Amoedo, Eiras e o miradoiro de Penarada (538 metros de desnivel), para volver á cidade.

Precisamente, esa subida a Penarada é o punto máis esixente da proba, segundo sinalou o campión de España de ultramaratón Brandán Márquez, que matizou, no entanto, que a ‘Gran Bikedada’, con todas as rutas alternativas que ofrece, “é unha proba para todos, con percorrido moi ciclable”.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...