InicioVigo e contornaVigoDeteñen a un home de 52 anos mentres roubaba nunha vivenda de...

Deteñen a un home de 52 anos mentres roubaba nunha vivenda de Vigo

O investigado tentou agocharse nun cuarto de caldeiras pero foi localizado pola policía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.A.M. de Vigo e 52 anos de idade, foi detido na cidade olívica na tarde deste luns por roubar nunha vivenda, segundo informou a Policía Local nun comunicado. Os feitos ocorreron sobre as 20,30 horas, cando unha veciña do camiño Matoca alertou da presenza dunha persoa cunha lanterna no interior da leira lindante coa súa vivenda.

Unha vez no lugar, os axentes realizaron unha inspección exhaustiva pola propiedade e as edificacións anexas, localizando escondido tras a porta do cuarto de caldeiras ao agora detido. Observaron que a porta do lugar presentaba síntomas de ser forzada e o devandito levaba consigo un desaparafusador, unha lanterna e un anaco de cable de cor branca.

Os actuantes tamén detectaron que no interior do citado cuarto había unha bobina de cable de cor branca e que faltaban os cables da instalación eléctrica que alimentaba a caldeira. Por todo iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de roubo con forza.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...