InicioCulturaSiniestro Total despídese dos escenarios cun último concerto en Madrid

Siniestro Total despídese dos escenarios cun último concerto en Madrid

A lendaria banda viguesa porá fin a 40 anos de carreira o próximo 6 de maio, no WiZink Center. O lema: 'O último concerto. 40 anos sen pisar a Audiencia Nacional'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A lendaria banda viguesa Siniestro Total dirá adeus a 40 anos de carreira cun último concerto que se celebrará no WiZink Center de Madrid o próximo 6 de maio.

Nun comunicado colgado na súa páxina web, o grupo nado a comezos dos anos 1980 en Vigo e un dos referentes do rock estatal nas últimas décadas, anunciou o final das súas atuacións.

“Tras corenta anos ininterrompidos de carreira, só paralizados pola pandemia, Siniestro Total volve a un escenario e esta vez para celebrar ‘O último concerto. 40 anos sen pisar a Audiencia Nacional’“, sinala o texto, no que avanzan que a cita de Madrid contará cos membros que pasaron pola banda en distintas formacións.

Creado en 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado e Miguel Costas, aos que máis tarde se uniron o primeiro cantante da banda, o falecido en 2013 Germán Coppini, Siniestro Total publicou o seu primeiro disco en 1982, ‘Ayudando a los enfermos’, que contén algúns dos temas que se convertiron en himnos populares: ‘Ayatolah’ e ‘Matar hippies en las Cíes’.

Irreverentes e provocadores, Siniestro presume na súa despedida, despois de 14 discos, de non ter pisado a Audiencia Nacional nas súas catro décadas de traxectoria, á que porán broche cun concerto para o que se porán á venda este 23 de febreiro.

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

A CIG denuncia a falta de persoal médico en centros sanitarios da área de Vigo

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros...