InicioEconomíaAs obras da intermodal de Vigo rematarán en marzo pero a estación...

As obras da intermodal de Vigo rematarán en marzo pero a estación non operará ata maio

Ethel Vázquez explica que ata que o Concello acabe os accesos non poderá comezar a prestar servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este venres que a estación de autobuses intermodal de Vigo estará terminada a finais do mes de marzo, pero non entrará en servizo ata que o Concello acabe os accesos, que se prevé que ocorra en maio.

Así o sinalou Vázquez esta mañá na súa visita ás obras da estación, cuxa execución xa se sitúa no 90% das total grazas ao traballo diario duns 50 operarios. Neste sentido, destacou que tras un investimento de 18 millóns de euros, esta infraestrutura permitirá albergar dous millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións de autobuses, situándose como o principal nó de viaxeiros do sur de Galicia.

Con todo, dado o “atraso” das actuacións do Concello, que aínda están ao redor do 65% da súa execución, a estación intermodal non poderá entrar en funcionamento ata maio, tal como explicou a titular de Infraestruturas.

ATRASOS NAS OBRAS

Estas palabras de Vázquez tiveron reacción desde Concello de Vigo, que difundiu unhas declaracións da concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, lamentando que a conselleira visitase a cidade para “facer mala política” e “confrontar”.

Segundo ela, as obras avanzan “segundo o previsto”, aínda que admitiu que se tivo que “axustar o cronograma” por dous motivos. O primeiro deles foi debido aos atrasos na liberación do terreo por parte da concesionaria de Vialia. O segundo foi o achado de terras contaminadas, que tiveron que ser analizadas e provocaron unha modificación do proxecto.

 

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...