InicioSociedadeA xornada de reforestación 'Unha entrada, unha árbore' do Portamérica adiántase ao...

A xornada de reforestación ‘Unha entrada, unha árbore’ do Portamérica adiántase ao sábado 12

PUBLICADO O

- Advertisement -

A causa das choivas previstas para a mañá do domingo 13 de febreiro, o festival `’Portamérica’ decidiu adiantar a súa xornada de reforestación ‘Unha entrada, unha árbore’ ao sábado día 12. Así, esta convocatoria aberta levarase a cabo no Outeiro Grande, nas parcelas do Monte Veciñal de Lantaño, e comezará ás 11:00 horas.

Segundo destacan, na xornada plantaranse 300 pés de 8 especies diferentes de árbores que “servirán para compensar as emisións de CO2 xeradas durante a realización do festival”, así como tamén de “franxa de protección fronte a incendios e incrementarán a biodiversidade da zona”. Ao mesmo tempo, ao ser algunhas delas especies de froito, poderán ter un aproveitamento sostible por parte da fauna e os veciños do municipio.

Desta forma, e entre outras árbores, plantarán castiñeiros, cerdeiras, sobreiras, nogueiras, freixos ou Carballos. Cada árbore identificarase cunha etiqueta biodegradable na que poderás poñer o teu nome ou o de que quen queiras

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...