InicioEconomíaA UVigo traballa coa Xunta no uso de madeira como illante acústico

A UVigo traballa coa Xunta no uso de madeira como illante acústico

A administración autonómica destaca a colaboración co sector da madeira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia no marco dun convenio coa Universidade de Vigo (Uvigo) probará en Pontevedra o uso de madeira como illante acústico e comparará os seus resultados cos materiais que se usan na actualidade para tales efectos. Así o sinalou este xoves durante a Comisión sexta de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo o director Axencia Galega da Industria Forestal, José Ignacio Lema Piñeiro, quen destacou que o uso da madeira con fins industriais é de “especial transcendencia” pola súa vinculación co sector forestal.

Neste sentido, tras ser preguntado polo grupo Popular, Lema destacou a madeira como unha solución “verde” e que ten un impacto “positivo” no medioambiente, polo que tras investigar o emprego da mesma como illante acústico en infraestruturas de transporte serán probadas en estradas de Pontevedra. Desta maneira, compararase a súa utilidade respecto dos actuais materiais utilizados para illar o ruído, así como o seu durabilidad e resistencia ao aire ou á humidade.

INFRAESTRUTURAS DE USO COMPARTIDO

Por outra banda, noutra pregunta do grupo Popular na mesma comisión, o director Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, indicou unha serie de iniciativas portas en marcha polo Executivo autonómico para pór a disposición das pequenas e medianas empresas infraestruturas de uso compartido que potencien a modernización e o desenvolvemento de ecosistemas produtivos.

Neste sentido, puxo en valor o desenvolvemento de centros de fabricación avanzados por todo o territorio galego como en Vilagarcía de Arousa ou en Narón para dotar de infraestruturas ás empresas e permitir o avance tecnolóxico de Galicia. Por iso, porase en marcha unha nova edición destes centros de fabricación avanzada, polo que xa se iniciou a consulta co tecido produtivo para que presenten posibles proxectos e demandas.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...