InicioSociedadeUn gato foi queimado vivo en Baiona e ofrécense 1.000 euros de...

Un gato foi queimado vivo en Baiona e ofrécense 1.000 euros de recompensa para quen atope ao culpable

Os feitos aconteceron o pasado 25 de febreiro cando o animal, bautizado como Olaf, foi rescatado pola protectora Bai.senpulgas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber anunciaron que recompensarán con 1.000 euros a quen ofreza información que permita identificar á persona ou persoas que queimaron vivo a un gato no municipio pontevedrés de Baiona.

Tal e como informaron estes colectivos, que criticaron “a impunidade coa que se cometen estes actos“, os feitos ocorreron o pasado domingo, 25 de febreiro, e o animal foi rescatado pola protectora Bai.senpulgas, que lle bautizou co nome ‘Olaf’.

Os animalistas lembraron que este suceso “de extrema gravidade” pode supor sancións de até 30.000 euros ou penas dun ano de prisión e a inhabilitación para a tenencia, oficio ou comercio de animarlles por un máximo de 36 meses.

Ante estos feitos, chamaron á cidadanía a ter “tolerancia cero” con situacións de crueldade, sadismo ou abandono de seres vivos, e remarcaron que “calquera silencio supón un xesto de complicidade con quen exerce a violencia”, sendo o caso de Olaf “o mellor exemplo”.

Esta non é a primeira vez que estas organizacións ofrecen unha recompensa económica para tratar de esclarecer un suceso de malos tratos animais, de feito, manteñen a mesma gratificación para dar con quen tiroteou unha cadela en Verín (Ourense), que tivo que ser sacrificada polas lesións sufridas.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...