InicioSociedadeConfirmado en Vigo o primeiro caso da subvariante ómicron 'silenciosa'

Confirmado en Vigo o primeiro caso da subvariante ómicron ‘silenciosa’

Hai outros quince casos en estudo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou o primeiro caso de BA.2, subvariante de ómicron coñecida como ‘silenciosa’, nunha paciente da área sanitaria de Vigo. Ademais, hai outros 15 positivos en estudo relacionados co primeiro.

A través dun comunicado emitido este domingo, a Xunta informa de que foi o laboratorio de microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, na cidade olívica, o que secuenciou esta nova sublinaxe.

En canto ás 15 persoas que están en estudo, están localizadas nas áreas sanitarias de Vigo e de Santiago-Barbanza. Os pacientes, segundo asegura Sanidade, presentan “síntomas semellantes a unha gripe leve” e ningún deles está hospitalizado.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...