InicioSucesosDetido un home por ameazar de morte e empurrar a súa propia...

Detido un home por ameazar de morte e empurrar a súa propia nai

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local trasladáronse ás 09:35 horas deste xoves ás proximidades da Travesía de Vigo, onde unha muller de 51 anos que tivera unha forte discusión co seu fillo, requiría os servizos dos Axentes. A muller explicou aos Policías que uns días antes o denunciara por ameazas de morte cara a ela. Arrepentida, posteriormente retirou a denuncia, pero o xoves produciuse outro episodio violento.

Segundo relatou, o seu fillo non durmira en casa e cando chego pola mañá estaba baixo os efectos do alcohol. Ela non quería que entrase nese estado no domicilio, ofrecéndolle como alternativa que durmise no coche.

De camiño ao vehículo, produciuse unha discusión entre ambos, volvendo o seu fillo a ameazala e a empuxala, marchándose seguidamente do lugar ao decatarse da presenza de transeúntes.

A muller manifestou aos policías, que lle acompañaban en todo momento para tranquilizala, o medo que sente pola súa vida. O resto de patrullas en servizo localizaron ao presunto autor do feito nunha rúa próxima, procedendo á súa detención.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...